13.6.11

Cristobal Colón: un mar, dos orillas


Atopamos de casualidade este libro sorprendente.
Sabedes can aficionada son ós libros de biografías e, con frecuencia búscoos para vós. Son especialmente relevantes cando traballamos a Historia con técnicas ALFIN.
Ben, pois explicarei que ten de singular este escrito e debuxado por Marta Rivera Ferner, coa colaboración no texto de Alberto Urcay.
Para empezar non repite aquelo de que Colón era un mariño xenovés. Tampouco pasa de longo sobre as dificultades que tivo para conseguir ser financiado na súa empresa (fala de empresarios e cartos!), senon que narra resumidamente as diferentes peticións a diferentes monarcas. Fala claramente dos coñecementos científicos que impulsaban o soño de Colón, sen presentalo coma un visionario. Fala das dificultades na longa e incerta navegación e explica o dos dous diarios de abordo. E, por último, describe a escena da chegada a terra na que dúas culturas e dous mundos se contemplan por primeira vez frente a frente.
Todo esto sen deixar de ser un conto para nenos no que as ilustracións son certamente deliciosas e moi coidadas na documentación.
Gústame que os autores respecten ós rapaces e recomendovos desde hoxe a lectura deste libro no desexo de que a historia se escriba para nenos e nenas moitas máis veces desde este prisma.
Edita Brosquil

No hay comentarios: