Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

18.7.11

Aniversario

En 2006, a xornalista Mª Antonia Iglesias, publicou este libro que vos traio hoxe: Maestros de la República
Trátase de dez historias de mestres e mestras que exerceron o seu maxisterio durante a II República Española, asunto que acabou por custarlles a vida.
As historias están contadas por familiares e tamén por alumnos e alumnas daqueles homes e mulleres que remataron pagando coa súa vida o labor que o goberno da República considerou o seu traballo máis importante: educar cidadáns e non súbditos.
Foi este o proxecto máis ambicioso do goberno republicano: crear escolas (13.000 en dous anos) e aumentar o número de mestres así como a súa preparación.
No libro, Iglesias contou coa participación de José María Maravall, Xosé Manuel Beiras, Santiago Carrillo, Luis Mateo Díez, Josep-Lluís Carod-Rovira, Manuel Vicent, Joaquín Leguina, Javier Cercas, Félix Grande, Almudena Grandes y Luis García Montero, todos eles autores dos prólogos que acompañan ás historias.
Nun día coma hoxe, cómpre seguir mantendo viva a memoria. Porque, ademáis, a historia non sempre cmiña en liña recta e hacia diante.
Tamén Las bicicletas son para el verano

13.6.11

Cristobal Colón: un mar, dos orillas


Atopamos de casualidade este libro sorprendente.
Sabedes can aficionada son ós libros de biografías e, con frecuencia búscoos para vós. Son especialmente relevantes cando traballamos a Historia con técnicas ALFIN.
Ben, pois explicarei que ten de singular este escrito e debuxado por Marta Rivera Ferner, coa colaboración no texto de Alberto Urcay.
Para empezar non repite aquelo de que Colón era un mariño xenovés. Tampouco pasa de longo sobre as dificultades que tivo para conseguir ser financiado na súa empresa (fala de empresarios e cartos!), senon que narra resumidamente as diferentes peticións a diferentes monarcas. Fala claramente dos coñecementos científicos que impulsaban o soño de Colón, sen presentalo coma un visionario. Fala das dificultades na longa e incerta navegación e explica o dos dous diarios de abordo. E, por último, describe a escena da chegada a terra na que dúas culturas e dous mundos se contemplan por primeira vez frente a frente.
Todo esto sen deixar de ser un conto para nenos no que as ilustracións son certamente deliciosas e moi coidadas na documentación.
Gústame que os autores respecten ós rapaces e recomendovos desde hoxe a lectura deste libro no desexo de que a historia se escriba para nenos e nenas moitas máis veces desde este prisma.
Edita Brosquil