5.5.23

Mes das Letras: GALICÓMIC!

Chegou... o gran día! 

A nosa produción propia anual xa está na imprenta e aquí se presenta en formato dixital.

Unha produción de tod@s, que este curso, en relación co noso PDI e dinamizando a Banda Deseñada, titulamos GaliCómic.

Cada aula ideou, creou o seu propio cómic en relación con Galicia: experiencias escolares, historia, aventuras, gastronomía, os seres mitolóxicos e... ata unha heroína! Temáticas diversas as que conforman os 8 cómics que en primicia presentamos e que compartiremos polas aulas ao longo da semana das Letras Galegas (do 15 ao 19 de maio)

Unha proposta de actividade anual, enmarcada no PDI NÓS, que nos permitiu crear a nosa propia marca:

GC do Milladoiro
(GaliCómic do Milladoiro)

Só nos queda dicir...

Parabéns. GaliCómic


13.6.22

O noso xogo: E ti, de quen vés sendo?

 Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos, en primicia, parte do xogo que en comunidade comezamos a crear no presente curso en relación co PDI que nos ocupa.

Un xogo de produción propia ideado a proposta do Equipo Creativo, en colaboración co Equipo de BE-DL, para reforzar a formación de usuari@s da nosa Biblioteca e profundizar nas nosas raíces: Malpica e Galicia.

Seguen en imprenta as tarxetas de preguntas e repostas elaboradas por cada grupo-clase arredor de Malpica e en produción as fichas-faro, gobeletes-nasa, polbos e caixas.

O vindeiro curso esperamos completar as tarxetas con preguntas arredor de Galicia, mais seguro que damos bo uso a esta primeira parte do noso xogo.

Parabéns a tod@s, pola fantástica produción creada en comunidade e con identidade.


30.5.22

Dicionario Malpicán

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos o segundo produto final, despois da exposición de fotografías de Malpica, derivado do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, o Dicionario Malpicán.

Palabras e expresións propias da nosa pequena comunidade recollidas grazas á colaboración das familias e redactadas polo alumnado, conformando un libro de produción propia que ocupará o número 4 da CDU da nosa Biblio: producións propias.

Agradecemos a colaboración de tod@s para producir, un curso máis, un produto noso, moi noso.

22.5.22

Booktubers 5º Educación Infantil

 Onte pechou a Biblioteca Escolar por este curso 2021-2022 e a semana pasada cada alumno/a buscou o libro que máis lle gustara durante este curso (xa fora que o levara nas bolsiñas viaxeiras, nas mochilas viaxeiras ou que lles lera os maiores nos recreos durante o Hoxe le...) e aínda que foron moitos e costounos decidirnos, finalmente fixemos unha selección moi variada. Así que hoxe grabamos as nosas recomendacións de lecturas para os nosos compañeiros/as.