21.4.14

O libro da selva

O libro da selva de Rudyard Kipling, en tradución de Rafael Salgueiro, acaba de ser publicado por Sushi Books. "Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade. (...) Publicado orixinalmente en inglés en 1894, o libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida." A editorial publica grandes obras da literatura universal nos catro idomas do estado español. Un esforzo editorial que saudamos e demostra unha vez máis que editar e ler en galego é posible.

No hay comentarios: