21.4.14

Hansel e Gretel


Oqo editora acaba de publicar o conto clásico dos irmáns Grimm, Hansel e Gretel, en versión de Tina Meroto nos textos e as ilustracións de Iratxe López de Munáin.
López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo Cociña de contos á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e Gretel, no marco do proxecto europeo: Europa á carta. Este libro é o resultado deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no conto dos irmáns Grimm.

No hay comentarios: