5.5.11
Ler en familia
No seu papel orientador respecto dos libros e a lectura, o Laboratotio de lectura da FGSR ven de publicar este documento. A intención é a de animar, potenciar e orientar a lectura desde a familia.
O certo é que teñen un longo camiño andando neste sentido pois desde o comezo, coma nós, creron cegamente no rol motivador da familia nesto eido. Un neno ou nena educados nunha familia que entende a lectura coma unha actividade máis, para disfrutar xuntos, non pode ser igual que o que fai nunha familia para quen esa mesma actividade é un traballo que se relaciona fundamentalmente coa escola, cos deberes, e co éxito (ou o fracaso!)
Estes días reflexionaba eu, ó fío da actividade dos padriños lectores sobre o inmenso poder que dá rodear algo de afectividade positiva: enlazar lectura e afecto, lectura e complicidade, lectura e pasalo ben, lectura e axuda, lectura e guía... Non é o mesmo!
Hai algúns anos fixemos desde a nosa biblioteca un caderniño con este fin que enviamos a tódalas familias. Hoxe convidámosvos a mirar este vídeo e, se o credes convinte, a visitar a páxina da Fundación.
Vímolo no blogue de Darabuc
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario