28.5.10

Marabillas de Galicia


O Ministerio de Cultura de España ven de facer público o listado de libros millor editados no ano 2009.
Na categoría de libros infantís e xuvenís topamos no 2º e 3º lugares dous libros da editorial galega OQO.
Trátase de Cántas pingas na cidade! de e Os mil brancos dos esquimos!

Desde o seu naceento seguimos fielmente as publicacións desta editorial porque nos gusta o seu estilo: respectuoso do texto, mimoso das ilustracións, sempre buscando a excelencia, pensando no lector... e alegrámonos deste recoñecemento que lles chega por duplicado e desde a máis alta instancia do país. Cada vez que chega á nos biblio o paquete cos libros de OQO abrímolo con ilusión porque raramente nos defrauda: sempre conseguen sorprendernos. Se vos fixades ben, neste blog reseñamos moitos dos seus títulos e ouros moitos quedan sen reseñar por falta de tempo.

Parabens para OQO e para os seus lectores.

Esperamos disfrutar durante moito tempo de tanta marabilla.

No hay comentarios: