Unha vez máis OQO Editora ofrécenos un libro redondo.
Desta volta trátase dunha desas historias con diferentes niveis de lectura que engaiolará ós pequenos e satisfará ós maiores. Unha historia divertida, e áxil na que un galo prepara a súa voda cunha leitririña. Ela, cegada polo amor só ve eso: o amor. Mentres el ten unha conducta.... deixarei que o leades. Finalmente ela consegue ver a realidade ben aconsellada por unha amiga.
¿O detonante?: unha pluma AZUL
Un libro cheo de valores pero...¡non é un libro didáctico!
É literatura.
O texto é de Juan Alfonso Belmontes e os debuxos de Natalie Pudalov
A partires de agora figurará nas nosas bibliografías sobre muller, feminismo, igualdade... ¡paga a pena!
No hay comentarios:
Publicar un comentario