12.3.10

Hacia la escuela 2.0


Divulgación de ferramenas para a escola 2.0.
Estamos ante un libro de propostas concretas e aplicadas á escola.
Porque na escola, a tecnoloxía non significa nada se non sabemos como aplicala ó servizo dos nosos obxectivos curriculares. E, precisamente diso, vai este libro.
Sinxelo (70 páxinas), claro (cheo de capturas de pantalla), aplicado á aula.

Cada proposta ten exactamente o mesmo esquema que a anterior:
A- Ferramenta (Google docs, Google maps, Flickr, Wikipedia, Blogger...)
B- Proxecto
C-Obxervacións


É un libro que tranquiliza a todos cantos non están familiarizados con elas pero gustaríalles dar o salto.
Do autor: absoluta solvencia tanto no educativo coma no tecnolóxico.

O libro ten un subtítulo moi, moi explicativo: Proyectos con programas gratuitos para formar ciudadanos de la sociedad del conocimiento. Aí queda eso.

Por último PERO IMPORTANTÍSIMO, o libro inclúe dos apéndices moi necesarios:
1.- Os datos persoais e a nube
2.- As licenzas: dereitos de cita e como se usan os materiais alleos.
Unha leccción necesaria sobre ética que, con demasiada frecuencia esquécese.

Autor: José Antonio Millán
Editorial SM
Colección: Tecnología y aprendizaje
Madrid 2009

No hay comentarios: