17.3.10

Biografias

A pasada semana, e co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, organizamos desde a biblioteca escolar un ciclo de conferencias a cargo dos noso escolares do que xa demos conta detallada.
Quero contarvos hoxe cal foi a fonte principal de documentación para os oradores e oradoras.

Trátase das biografías da colección Sabelotodo/as de Ediciones El Rompecabezas.
Cunha linguaxe clara e sinxela, ó alcance de nenos e nenas de 2º endiante, teñen diferentes niveis de lectura. Cada un dos libros está adicado a un personaxe histórico. A información é fiable e de calidade (anque non é TODA, claro está)
Nenos e nenas agradecen topar textos desta clase: respectuosos, serios, informativos e científicos.
Para nós foi, no seu momento, un achádego, do que tentamos tirar todo o partido posible. A biografía é un xénero moi cercano a nenos e nenas e de doada utilización, por exemplo, para achegar épocas históricas.
Teñen un defectiño: están en castelán. O de sempre. Non porque non o entendan, senon porque abondan na idea de que a xente importante e os sucesos históricos sempre transitan a través do castelán.
Será custión de tempo.

No hay comentarios: