28.4.11

Reivindicación dos contos clásicos

O Premio Cervantes 2011 foi entregado onte á escritora Ana María Matute.
Fermoso o seu discurso no que explica a maxia das palabras máxicas Había unha vez... que excitan a imaxinación infantil ate facer que xa non pare.
Conmovedor discurso, sinxelo e directo no que desgrana partes da súa biografía en relación ós libros e a lectura.
De verdade que é un placer escoitala.
"Por fin el cuento ha ingresado entre los géneros respetados de nuestra literatura...(...)Sobre la famosa crueldad de los cuentos de hadas, que por cierto no fueron escritos para niños (...) me estremece pensar saber que se mutilan bajo pretextos inanes de correcciones políticas más o menos oportunas y que unas manos depredadoras imaginando, tal vez, que ser niño significa ser idiota, convierten verdaderas joyas literarias en relatos, no sólo mortalmente aburridos sino, además, necios. Y aún nos preguntamos por qué los niños leen poco?"
Fermosísima reivindicación dos contos clásicos que eu sorprendínme de escoitar facer nun escenario tan especial (o millor, diría eu!)Xa ía sendo hora de que alguén co prestíxio suficiente dixese esto alto e claro.

Grazas, Sra. Matute. Por todo.

AQUÍ o pdf do discurso

2 comentarios:

Pacodíaz dijo...

Xenial e certeira. Encántame o discurso e coincido plenamente co que di sobre os contos. Grazas polo achádego. Vouno facer bailar pola rede adiante.

olga dijo...

Pois que baile! Que baile!