Ó fío da entrada anterior, unha boa amiga fainos chegar a reseña do paso de Ana Mª Matute polo Salón do Libro de Pontevedra no ano 2006.
Xa daquela, non quixo impartir unha conferencia senón que se limitou a responder as preguntas do público.
Despois de afirmar que os seus contos favoritos son A sereíña e O parrulo feo, dixo que:
os contos para nenos son o máis parecido que existe á poesía, porque dan o máximo a través do mínimo.
E, xa naquela ocasión esbozou o que agora dixo con tantos altofalantes diante:
...cambiarlle o final ós contos clásicos para facelos politicamente correctos é absurdo, monstruoso e estúpido, e a estupidez, dixo “é aínda peor que a maldade”. “¿Por qué os nenos non len? Porque lles quitaron o sal e a pementa ós libros. ¿Queremos crear nenos imbéciles que se darán de tortas coa vida cando se lles poña á fronte? A min encantábame o lobo porque é sumamente atractivo e ó lobo valo atopar na vida cando sexas maior.
A que dá gusto oíla?
No hay comentarios:
Publicar un comentario