14.3.12

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?


Hai xa tempo que tiñamos ganas de incorporar este libro á nosa colección e ...¡por fin está aquí!
Trátase dunha historia de Raquel Díaz que, se ben resultará deliciosa para calquera lector, é especialmente interesante para ser lida en feminino: nenas, nais, profesoras... toparán unha lectura paralela neste conto.
Unha lectura que xira encol da igualdade e a coseducación. Podemos negalo cantas veces queiramos pero... ¿quen se viste de rosa? ou ¿a quen vestimos de rosa? ¿de verdade que non lemos contos diferentes a nenos e nenas? ¿de verdade que mercamos os mesmos libros a nenos e nenas?
Cada vez que chega o entroido...¿que disfraces escollemos para as nosas nenas?
A escola ofrece modelos diferentes pero...¿e as familias? ¿e o mundo, en xeral?
A autora, Raquel Díaz, para celebrar a segunda edición da obra, agasalla a todos e todas con este debuxo: para que vistamos á princesa co que esperamos dela: ciruxá, bombeira, mestra, mariñeira... Porque esta princesa quere cazar dragóns!
Fermoso o libro que se atreve a comezar e rematar cunha pregunta:

¿Por qué todas las niñas quieren ser princesas?
que deixa aberta unha conversa posible entre quen leu e quen escoitou.

Especial atención nos mereceron tamén as ilustracións nas que o punto de vista é, maioritariamente o dun rapaz pequeno.
O libro está editado por Thule

2.3.12

Confundindo historias


A profe Susana e Alba, unhas das súas alumnas na aula de AL, recrean para todos nós o libro Confundindo Historias de Gianni Rodari.
Unha historia divertida e xoguetona coa que Alba divertiuse moitísimo.

21.2.12

Guyi- Guyi


Guyi Guyi
Chen Chih-Yuan
Thule Ediciones
Guyi é un crocodilo que, por accidente, naceu nunha familia de patos. É absolutamente feliz aprendendo xunto cos seus irmáns... ¡as cousas que aprenden os patos!
Pero, un día topa cunha familia de crocodilos que procuran convencelo de que el non é un pato e, aínda máis: que os crocodilos COMEN patos! E queren convencelo de que lle tenda unha trampa á súa familia adoptiva.
Ben: non contarei máis. Só direi que se trata dunha historia chea de humor e positividade.
Sobre o debuxo... tal vez fale por si sola esa cara que estades a ver de mamá-pata cos seus lentes metidísima no seu papel de enseñar aós seus filliños.
Parece ser que o autor comezou a escribir a historia a raiz da conversa cun amigo de orixe coreana e adoptado nos EE.UU.

Unha historia sobre a identidade? Si. E tamén sobre a interculturalidade, a adopción, a diferencia. Unha histroai sobre como nos vemos e como nos ve os demáis.... Nesta moda de etiquetar todo... haberá que facelo pero asegúrovos que é un deses libros que teñen que estar entre os básicos dunha biblioteca infantil. Por auténtico, por sinxelo, por complexo, por divertido, por plural... por BONITO!!!
Acabamos de pedilo e esperamos non tardar moito en recibilo. Consultade dentro duns días o andel de novidades.

1.2.12

Luna llena


Recibín con sorpresa este libro dun autor que eu non coñecía: Antoine Guilloppé. Entra nesa categoría de libros diferentes por varias razóns.
Estéticamente é impresionante: sen máis cores que o branco e o negro e cun traballo que lembra os encaixes de Camariñas vai creando unha atmósfera de suavidade e delicadeza moi envolvente. Desde logo estamos ante un concepto gráfico moi singular.
Pero a cousa non remata aí porque topar libros estéticamente atractivos non é algo que suceda tódolos días pero... sucede.
O caso é que a esta posta en escena fermosa e atractiva vense sumar unha historia con peso literario. Unha historia que avanza, que engancha.
Mentres ante os nosos ollos van desfilando os animais da noite cada un co seu son, algo está a suceder na negrura da noite no bosque. E sucede.
Pero non volo contarei. Só vos direi que se trata de algo feliz. Unha vez máis a oposición dos contrarios.
Sempre recibimos con gusto estas propostas literarias que, ademáis de literatura, poñen ante nós outros valores como a delicadeza, a estética, a sensibilidade... e, en última instancia, a VIDA.
O libro está editado por Macmillan

18.1.12

Jutta Bauer ou o debuxo das emocións


Animaciones Jutta Bauer from Blanca Lena on Vimeo.
Naceu en Alemaña en 1955 e, depois de estudar na Escola Superior de Deseño dedicose por enteiro a debuxar. Primeiro foron panfletos e carteis políticos que reflectían o axitado mundo dos anos sesenta para logo volcarse de cheo na literatura... ¿infantil?
Hoxe, Jutta está considerada o referente principal da literatura infantil progresista porque os seus debuxos sempre falan de liberdade.
Ela sostén que  non hai tema vetado para a literatura infantil e defende unha perspectiva non pedagóxica á hora de contarlle unha historia a un rapaz de 6 a 8 años, De feito os seus libros teñen sempre varios niveis de lectura, infinidade de posibles sentidos e fan disfrutar xuntos a pais e fillos. Sempre cunha ollada desprovista de moralidade, emotiva, comprensiva coas debilidades máis propiamente humanas... tal vez sexa este reasgo o que a fai tan grande, tan universal.
En galego aínda non podemos disfrutala pero en castla´n dispoñemos de :
  • Madrechillona
  • La reina de los colores
  • Sencillamente tú
  • El angel del abuelo
  • Emma...
todo eles editados por Lóquez Ediciones
Deixovos unha entrevista que ven de concederlle ó xornal arxentino La Nación  e esta outra que concedeu á revista Babar.
Disfrutade desa montaxe que recolle algúns dos seus debuxos.

10.1.12

Galego-Inglés

A editorial Ir Indo, ven de pór no mercado unha colección que nos gusta.
Trátase de Letra Grande, 8 títulos dirixidos a primeiros lectores e teñen as características acaídas para eles: unha gran imaxe de páxina completa acompañada de texto curto, en maiúsculas e en ambos idiomas.
As historias teñen sustancia: son contos entretidos, e cunha relato convencional que flue e desenvólvese. E digo esto porque é frecuente que este tipo de textos se queden no obxectivo do texto bilingue e didáctio e esquezan a historia en si mesma co que nenos en enas enfréntanse a eles con aquela idea de ...outro libro didáctico!
Os textos son todos de Enric Lluch e as ilustracións de diferentes debuxantes.
Nós vimos de incorporalos coa idea de facelos circular nas mochilas viaxeiras que tanto fan disfrutar a pais e fillos cada vez que chegan ás casas.
Desde a escola agradecemos sempre estas iniciativas editoriais de calidade que nos axudan a facer mellor o noso traballo. Agora só hai que apoialas :-)

4.1.12

Felicidades fantásticas


A comunidade escolar do Milladoiro felicitavos as festas con esta presentación do que máis nos gusta este ano: os contos clásicos.
Feliz e fantástico ano para todos e todas!