21.3.11

A sesta dos enormes

A sesta dos Enormes é unha das nosas últimas incorporacións e de cuxo éxito non dubidamos.
É un deses libros retablo que, no marco dunha historia, cóntannos outras catro e... finalmente ... todo cadra.
Resulta que a familia Enorme vai pasar un día á praia. Xogan, báñanse, comen... e á hora de facer a sesta os pequenos descobren que esqueceron na casa o libro de durmir. E, se non hai libro, non haberá sesta. Pero topan unha solución: papá será o encargado de inventar cadansúa historia para durmir a partir dunha pregunta de cada un deles.
E así é: Por que hai ondas no mar? Por que os peixes son de cores? Quen cura os animais do mar? ou Por que as nubes teñen formas?... son as preguntas que darán lugar a catro fermosísimas historias todas elas ambientadas no mar e en seres mariños.
A que xa tendes ganas de lelo?
O texto é de Pep Bruno, a quen xa coñecemos por Pétala, O libro de contar, A noite das mudanzas... e que nos encanta polo seu marcadísimo gusto polas boas historias. Conta coa magnífica complicidade de Natalie Pudalov a quen coñecimos polo seu traballo en A voda do galo Pinto e que volve sorprendernos cun mundo cheo de azuis, detalles e fantasía.

No hay comentarios: