Elvira Riveiro e o ilustrador Fino Lourenzo agasállannos esta marabilla editada por Xerais:
Inés está no peirao / dende o amencer, / ata que te ata / o verde
cordel. E eu sei que ela sabe, / ela sabe que eu sei… / …que nunca se
enlean / as redes de Inés.
Elvira xa nos deleitara coas súas palabras brancas e segue a facelo con estas poesías áxiles, cantarinas e doadas de ler e de aprender.
Na etapa infantil, a poesía é un xoguete sonoro cheo de cores que non
está condicionado por normas gramaticais e lóxicas. Simplemente é un
elemento lúdico do que gozar. Neste proceso de xogo ábrense os camiños
da inventiva pero, ao mesmo tempo, incorpórase léxico novo, contribúese á
adquisición da linguaxe e refórzanse os lazos afectivos e referenciais.
Lembremos que a linguaxe é o recurso primordial para comunicarse cos
demais.
Ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario