Como sabedes, este ano está dedicado ás Matemáticas e, con ese motivo, tentaremos que as lecturas que se recomenden neste espazo estén relacionadas co tema xa que hai moito e moibo.
O primeiro título que queremos achegar é un clásico (Alfaguara, 2000): La selva de los números
Tuga, a tartaruga protagonista, descrubre os números e pensa que poden serlle moi útiles para pór orde na Selva. Decide compartir o seu descubrimento con outros animais: o león, os elefantes, as abellas, os monos... A partires de aí desenvolvemse moitas aventuras sorprendentes, graciosas e deliciosas.
O autor, Ricardo Gómez, escribeu tres anos máis tarde a continuación da historia: Las hijas de Tuga
A editorial achéganos unhas cantas actividades que se poden facer a partires do libro.
Para ler un pouco do libro preme AQUI
O video que vos deixo é de letras (e non de números!) Pero paréceme que vos vai gustar esa cantiguiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario