1.2.12

Luna llena


Recibín con sorpresa este libro dun autor que eu non coñecía: Antoine Guilloppé. Entra nesa categoría de libros diferentes por varias razóns.
Estéticamente é impresionante: sen máis cores que o branco e o negro e cun traballo que lembra os encaixes de Camariñas vai creando unha atmósfera de suavidade e delicadeza moi envolvente. Desde logo estamos ante un concepto gráfico moi singular.
Pero a cousa non remata aí porque topar libros estéticamente atractivos non é algo que suceda tódolos días pero... sucede.
O caso é que a esta posta en escena fermosa e atractiva vense sumar unha historia con peso literario. Unha historia que avanza, que engancha.
Mentres ante os nosos ollos van desfilando os animais da noite cada un co seu son, algo está a suceder na negrura da noite no bosque. E sucede.
Pero non volo contarei. Só vos direi que se trata de algo feliz. Unha vez máis a oposición dos contrarios.
Sempre recibimos con gusto estas propostas literarias que, ademáis de literatura, poñen ante nós outros valores como a delicadeza, a estética, a sensibilidade... e, en última instancia, a VIDA.
O libro está editado por Macmillan

No hay comentarios: