16.12.11

Panxoliñas

O grupo Mamá Cabra xa nos ten afeitos a un alto nivel de calidade nas súas produccións. Desde a súa chegada ó panaorama musical infantil da música galega, unha vez tras outra foron fornecendo ás aulas, ás familias... de materiais necesarios para cantar en familia... EN GALEGO.

Pero, na miña opinión, desta volta superáronse a sí mesmo ofrecéndonos este disco REDONDO: todo el divertido, sinxelo, atual, moderno... Panxoliñas na súa inmensa maioría que falan dun nadal laico recollendo esa tradición dos cantos de nadal non relixiosos pero festivos.
Letras de poetas consagrados na literatura infaltil galega como Antón Cortizas, Antonio García Teijeiro ou Gloria Sánchez e a voz de Gloria Mosquera, estamos ante un producto que durará anos no mercado e acabará convertido nun clásico.

Coma decote, a distribución é.... irrugular, así que queda nas mans de profes e rapaces dalo a coñecer, pedilo e, sobre todo:  CANTALO!!!
Deixovos un podcast con algunhas das que seleccionaron profes do noso cole para o festival de Panxoliñas que faremos o vindeiro mércores.

No hay comentarios: