24.9.11
Que bonito é Panamá!
A Editorial Kalandraka reeditou en 2010 este libro que xa é un clásico na literatura infantil. Nós vimos de incorporalo á nosa colección.
Escrito e debuxado por Janosch, tráta da viaxe de dous amigos (un oso e un tigre) en busca do seu lugar ideal: Panamá!
Unha historia deliciosa que fai reflexionar a grandes e pequenos sobre o que temos diante e non vemos, sobre o valor do que posuimos, e sobre o valor da amizade incondicional baseada no respecto á diferencia, na complicidade e na comprensión.
O texto está cheo de humor fino e deixanos un sabor a inocencia e optimismo, ambos tan necesarios nestes tempos.
Ó rematar a lectura é posible que o lector máis informado se pregunte...¿Por que ir a Panamá?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Grazas pola información, Olga.
Unha aperta.
Verás que é delicioso!
Publicar un comentario