9.11.10

Libros necesarios e...FERMOSOS!

Edicións Embora ven de sorprendernos con esta colección. Porque, si ben é cada vez máis frecuente encontrar libros que traten temas transversais e desde a perspectiva dos valores, non o é tanto que o fagan atinadamente conseguindo un producto literario, que guste, que entreteña...e que ademáis sexa educativo!
E este é o gran valor: que gustan e entreteñen, que teñen calidade, que os nenos e nenas non os escoitan (ou len) pensando que se trata dun producto didáctico.
A nós encantéronnos e fixémolos pasar a proba do algodón: levámolos ás aulas de infantil. E asegúrovos que foron un éxito. O segredo de Flora, especialmente.
Saudamos a iniciativa e deixamos un enlace por se queredes saber algo máis.
Por desgraza a web da editora aínda está en construcción, non nos extraña xa que, polo que vemos, concentran toda a súa atención en ofrecernos materiais coidados e seleccionadiños.
Grazas.

No hay comentarios: