16.11.09

O meu pequeno animalario

Recibimos con moita alegría esta nova colección da Editorial Baía. Chámase: O meu pequeno animalario... e, de momento ten catro títulos:
  • Os animais da granza
  • Mares, ríos e lagos
  • A montaña e o bosque
  • As crías dos animais salvaxes

Son libros físcamente moi bonitos: cores, capa dura e acolchada... pero o máis interesante está dentro:

Información a doble páxina de cada animal: catro párrafos informativos en forma de resposta a unha pergunta redactados de xeito claro e sinxelo; unhas preguntiñas con resposta múltiple para lembrar o exposto, unha ficha de identidade e un pequeno glosario de termos.

Materiais así facilitan o noso traballo de difusión de técnicas ALFIN e introducen a nenos e nenas no estudo descriptivo das especies.

O dito: unha marabilla.

Só nos queda esperar que continúe a serie.

2 comentarios:

bibliotecadocole dijo...

Comparto a túa opinión: unha maravilla. Hai que estar moi atentos a esta editorial, que pouco a pouco está cubrindo un espazo no mundo do libro en galego ata agora moi pobre.
Saúdos dende Moaña

olga dijo...

E haberá que publicitalos así xa que, por razóns inexplicables, non aparecen no catálogo do CE