2.3.15

Brinca vai!


Que marabilla acabamos de adquirir! Paco Nogueiras, preparou para nós un disco que non terá desperdicio nas escolas galegs. Contén temas para todas aquelas celebracións que tradicionalmente, teñen oco nas nosas actividades. De momento, imos usar A palabra ten vida, para facer algo do que tiñamos moita gana: un video colectivo de todo o centro cara ao Día das Letras. Que vos parece? O autor pon a súa música á nosa disposición, libremente. de momento, a nosa escola mercou tres exemplares. Así se fidelizan clientes! Grazas, Paco!

No hay comentarios: