5.4.15

A Gramola Gominola


Temos un oco na música infantil na que os productos que nos ofrece o mercado están dirixidos a nenos e nenas de Infantil e poco máis sen conseguir enganchar aos nenos e nenas de máis de sete anos.
A Editorial Galaxia faise eco do asunto e dá cabida no seu catálogo a este disco. De entrada é PRECIOSO grazas ás ilustracións de Lidia V. Cardeiro cheas de cor, de modernidade e de vida.
Os músicos dominan distintos estilos que, veredes, plasman moi ben nas cancións: hai regaee, blues, coutry, pop... todo pensado para mover o esqueleto.

Cantando encontraremos a Luis Tosar, Mini e Mero, Ghende Beat...
E, entre os títulos, cancións dedicadas aos cromos, as gominolas, Barriga Verde, os deberes...

O libro disco, que está na colección Son Ärbore, foi presentado no pasado Salón do Libro de Pontevedra. Este primeiro disco leva o nome do grupo e, se queredes saber algo máis deles podedes visitar o seu espazo web.

No hay comentarios: