10.2.11

La autentica historia de los tres cerditos


Neste percorrido que andamos a facer polos contos clásicos topamos con este libro delicioso. Trátase da historia tradicional, a que coñecemos pero... esta vez contada desde o punto de vista do lobo.
Si. Do mesmiño Sr. Silvestre Feroz que nos conta a súa versión dos feitos. Tamén aquí hai tres porquiños, e tres casas derrubadas pero... agora e él quen nos conta como sucedeu todo.
Importante para reflexionar que unha historia, calquera historia, ten sempre, alomenos dous puntos de vista.
Teredes que escoitalo a el (lelo, neste caso) para tirar as vosas propias conclusións.
Un libro fermoso escrito e dubuxado por Jon Scieszka e Lane Smith e publicado por THULE ediciones
Deixovos, tamén unha presentación en slideshare

No hay comentarios: