9.2.11

Guillermo Jorge Manuel José


Guillermo Jorge Manuel José unha obra de Ed. Ekaré escrita por Mem Fox e ilustrada por Julie Vivas, dúas mulleres australianas.
En ocasións pensamos que hai temas que están fora do mundo dos nenos pero, ben pensado, NADA está fora. Si os nenos están no mundo TODO lles toca.

E esta é la gran aportación deste libro. Ambas (autora e ilustradora) collen un tema peliagudo ( o mal de Alhzeimer)  e fan del un tratamento cercano ós nenos pero sen edulcorar, sen quitar: APORTANDO

Maxistral a forma de facer a pregunta UNA MEMORIA? En lugar de A memoria.

E mellor aínda a resposta: ALGO QUE SE RECUERDA. Así. En positivo. Sen relacionala con algo que non se ten, que se perdeu.
Ese é o truco do texto: é positivo e incita a FACER.
e¿A ilustración? Da man do texto: limpa, xoguetona, concreta… e sin perspectiva, sen fondo. So aparece o fondo nalgúns dos debuxos que evocan o recordo.

Tampouco creo que se teña deixado ó azar a elección das colores: cálidas, envolventes e cheas de vida. Non hai nada melifluo na obra.

Unha das funcións da literatura é axudar ós nenos e nenas a elaborar conflictos, a entender e hacer máis lixeiro o impacto de problemas que están na vida e aparecen (mortes, separación dos pais, ausencias prolongadas….) este libro cumplirá sobradamente esa función.

Soberbio.
Para saber algo máis do libro preme AQUÍ. Esta semana incorporámolo á nosa biblio. En breve poderás levalo.

No hay comentarios: