7.4.09

Historias color tierra

Non é unha novidade na nosa biblioteca porque non o incorporamos ós nosos fondos, pero non podo deixar de reseñar este libro que sae ó mercado da man de Planeta Agostini repartido en 3 volúmenes.
Pertence ó subxénero Manhwa ou BD coreana. Moi diferente do Manga ou BD xaponesa.
Trátase dunha fermosísima narración poética de complicidade e crecemento entre unha nai (Namwon)e unha filla (Itwa) nunha pequena aldea coreana.
Kim-Dong-Hwa cóntanos a peripecia vital da pequena Ihwa desde ben nova ata o momento da súa voda seguindo o ritmo no que se suceden as estacións do ano, abordando con delicadeza pero sen ñoñerías os cambios que se suceden no corpo dunha adolescente, a descuberta da sesualidade, as relacións nai-filla, as relacións coas amigas...
Envoltas nunha sociedade tradicional e moralista que as xuzga constantemente, a nai vai fornecendo á pequena Itwa de criterios para enfrentarse con éxito á ela, á vida...e a buscar a felicidade.
Unha historia de AMOR: filial, romántico, vital...
O debuxo sinxelo, esencial, limpo, axuda á historia facendoa aínda máis deliciosa. Se cabe.
Unha reseña máis completa
Eu, que non son unha amante da BD, non puiden resistirme a esta historia que me cautivou desde as primeiras páxinas.

NOTA: Tamén gustará ós que amen as flores porque ofrece´belísimas descripcións delas.

1 comentario:

Loly dijo...

Grazas Olga por tan magnífica suxestión que entrará, por suposto, a formar parte dos nosos fondos.
Agora os teus, sempre acertadísimos, consellos de lecturas non son só para os meus pequechos.
Bicos ferroláns.