25.4.09

Onde viven os monstos

Esto non é unha novidade. Hai anos que coñecimos esta xoia e, anque tivemos que pasar sen ela durante un tempo, felizmente a Editorial Kalandraka editouno en formato álbum no ano 2000. Mirade se ten anos que se publicou por primeira vez no 1963.
Maurice Sendak conta a viaxe fantástica que fai un neno castigado sen cear no seu cuarto enfrentándose ós seus medos.
Marabilloso.
Pero hoxe lembrámolo porque vimos de enterarnos, polo noso blog amigo Mas que libros, que en breve veremos a película.
Só desexamos que esté á altura da narración.
Entre tanto, mirade este video que topamos en Youtube

No hay comentarios: