14.1.16

A bruxa discordia

Aínda non coñeces á bruxa Discordia? Trátase da última das incorporacións á colección de libro-discos Sonárbore. Músicas de Mamá Cabra, grupo pioneiro da música infantil en galego, e letras e conto da man de Carmen Gil, multipremiada e recoñecida escritora gaditana especializada en literatura infantil. A través das súas 12 cancións, este traballo dedicado integramente á paz transmite toda unha chea de valores positivos, como o respecto ao próximo ou a importancia de compartir, entroutros.

No hay comentarios: