9.11.14

La selva de los números

Como sabedes, este ano está dedicado ás Matemáticas e, con ese motivo, tentaremos que as lecturas que se recomenden neste espazo estén relacionadas co tema xa que hai moito e moibo.
O primeiro título que queremos achegar é un clásico (Alfaguara, 2000): La selva de los números
Tuga, a tartaruga protagonista, descrubre os números e pensa que poden serlle moi útiles para pór orde na Selva. Decide compartir o seu descubrimento con outros animais: o león, os elefantes, as abellas, os monos... A partires de aí desenvolvemse moitas aventuras sorprendentes, graciosas e deliciosas.
O autor, Ricardo Gómez, escribeu tres anos máis tarde a continuación da historia: Las hijas de Tuga

A editorial achéganos unhas cantas actividades que se poden facer a partires do libro.

Para ler un pouco do libro preme AQUI O video que vos deixo é de letras (e non de números!) Pero paréceme que vos vai gustar esa cantiguiña.

No hay comentarios: