24.11.12

Artur e Clementina

O Día Internacional da Violencia contra as mulleres, ten in difícil tratamento dentro da escola Primaria dado o doloroso do tema. Sin embargo, sabemos que é preciso educar en valores desde as idades máis temperás para que nenos e nenas non remates vendo coma "normais" cousas que non o son. Este ano veu na nosa axuda a editorial Kalandraka coa edición en galego dun libro que xa é un clásico dentro da literatura infantilArtur e Clementina Porque os grandes escritores teñen esta virtude: dicir con palabras sinxelas grandes cousas, de maneira que calquera poida entender. E nesta ocasión Adela Turín reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade. E ten final feliz! O libro foi escrito hai máis de trinta anos e en España publicouno a xa desaparecida Editorial Lumen na colección A favor de ls niñas e, desgraciadamente, hoxe o texto conserva toda a súa frescura e actualidade.

No hay comentarios: