14.3.12

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?


Hai xa tempo que tiñamos ganas de incorporar este libro á nosa colección e ...¡por fin está aquí!
Trátase dunha historia de Raquel Díaz que, se ben resultará deliciosa para calquera lector, é especialmente interesante para ser lida en feminino: nenas, nais, profesoras... toparán unha lectura paralela neste conto.
Unha lectura que xira encol da igualdade e a coseducación. Podemos negalo cantas veces queiramos pero... ¿quen se viste de rosa? ou ¿a quen vestimos de rosa? ¿de verdade que non lemos contos diferentes a nenos e nenas? ¿de verdade que mercamos os mesmos libros a nenos e nenas?
Cada vez que chega o entroido...¿que disfraces escollemos para as nosas nenas?
A escola ofrece modelos diferentes pero...¿e as familias? ¿e o mundo, en xeral?
A autora, Raquel Díaz, para celebrar a segunda edición da obra, agasalla a todos e todas con este debuxo: para que vistamos á princesa co que esperamos dela: ciruxá, bombeira, mestra, mariñeira... Porque esta princesa quere cazar dragóns!
Fermoso o libro que se atreve a comezar e rematar cunha pregunta:

¿Por qué todas las niñas quieren ser princesas?
que deixa aberta unha conversa posible entre quen leu e quen escoitou.

Especial atención nos mereceron tamén as ilustracións nas que o punto de vista é, maioritariamente o dun rapaz pequeno.
O libro está editado por Thule

No hay comentarios: