11.7.11

Bibliotecas y escuelas

Bibliotecas y escuelas. Retos y posibilidades en la sociedad del conocimiento
Océano Travesía (2008)
Coordinado por Elisa Bonilla, Daniel Goldin e Ramón Salaberría, o libro é unha conversa entre diferentes puntos de vista na que o top-ten dos especialistas en bibliotecas escolares de ambos lados do Atlántico, reflexionan sobre o papel destas no marco dos centros educativos como espazos decisivos para mellorar o rendemento escolar e a igualdade de oportunidades.
Relamente é un estudo moi completo pois, ademáis do abc das Bes no tocante a disposicións internacionais, requisitos básicos da colección e as instalacións, a reflexión chega ó que é realmente sustancial: como incluílas no traballo regular das aulas.
Interesantísimo o capítulo que a profesora Celia Díaz dedica ós libros de texto: Libros de texto y bibliotecas: un libro o muchos materiales que aporta luz sobre ese tema sempre espiñoso.
Pero, pola súa especial actualidade, quero destacar a Daniel Cassany e a súa reflexión sobre Bibliotecas en la era digital.

Un libro de obligada lectura para calquera educador (de E.Infantil a Bacherelato) consciente do seu rol.
Ademáis dos xa citados, contén excelentes colaboracións de Guillermo Castán, Teresa Colomer e Michéle Petit, entre outros.
En palabras dos coordinadores:
Más allá de un espacio y una colección de documentos, la biblioteca significa servicios (...) posibilita otro tipo de relación con el conocimiento.
La nuevas tecnologías brindan formidables oportunidades de alcanzar esta formación, por ello no deben oponerse a los libros sino integrarse plenamente en las bibliotecas.
Estou segura de que se convertirá nun libro de cabeceira.

No hay comentarios: