27.2.11

Para convivir


Xa nos gustou cando coñecimos esta presentación que vedes. E, por fin, conseguimos que chegara ós nosos andeis.
Escrito e ilustrado pola autora francesa Isabelle Carrier narra o día a día de Lorenzo: un rapaz diferente. Os seus problemas e problemiñas, as dificultades, os obstáculos que debe afrontar... PERO tamén nos conta as súas cualidades.
Un libro cunha vocación claramente didáctica pero coa cantidade suficiente de literatura como para que resulte agradable lelo.
Moi agradable.
Eu diría que para moitos lectores pode tratarse dun libro terapéutico.

No hay comentarios: