28.11.10

Narval

O narval é un cetáceo que vive no Ártico e no Atlántico Norte. É ese que ten un enorme colmillo retorto coma se fose un tirarrollas ¿lembras? Segundo a lista vermella da UICN trátase dunha especie case ameazada pois está sometida a moitas presións medioambientais.
Ben.
POis, a partires de hoxe, NARVAL é tamén o nome dunha nova editorial de literatura infantil e xuvenil. E, asegúrovos que promete. En realidade, presentouse en público o pasado 15 de Setembro, pero nós coñecímola agora.
Prometeron na súa presentación literatura para rapaces de calidade e compremetida. E, de momento, están cumplindo. Teñen catro títulos no mercado que, en breve, estarán tamén na nosa biblio.
Estas novas sempre nos poñen contentos: son fiestras que se abren á calidade e a imaxinación.
Dámoslle, pois, a BENVIDA ó mundo da literatura. Ese que tanto nos gusta.

No hay comentarios: