14.1.10

Metade anxo, metade marisco


Hoxe traio ate aquí unha obra que non é infantil. Pero cómpre poñela en valor e difundila polo que ten de especial.
Trátase dun cofre con materiais diversos sobre esta artista da que xa falamos noutra ocasión e que, persoalmente, me fascina.
A ficha deixovola ÁQUI para que teñades tódolos datos técnicos e poidades adquirir a publicación se o desexades.
Estivemos na exposición que lle adicou CaixaGalicia en Vigo e gozamos coa súa obra.
Diante dela nunca podo evitar o pensamento de que foi duramente castigada polos seus colegas de xeración e polos que viñeron despois, mesmo ó esquecemento, por ser muller.

Foi unha muller especial, unha artista adiantada ó seu tempo.
Non vos perdades o documental de Antón Reixa "Metade anxo, metade marisco", definición de Maruja que, ó parecer, debémoslle a Dalí.
Disfrutade con el...SE CONSEGUIDES TOPALO.

(Á Coruña chegaron 5: 3 en castelán e 2 en galego, porque seica pensaron que non se ía vender)
Eu, como debíjn ser moi boíña, recibino como agasallo dos Reis.

No hay comentarios: