29.12.09

Mil cousas poden pasar


Anque esá na nosa guía de Libros redondos, e polo tanto xa sabedes que opinión nos merece, penso que paga a pena adicarlle unha entrada propia a este libriño de Jacobo Fernández.
Ademáis de ser Premio Merlin de Literatura Infantil, e de que Jacobo é un amigo especila de Leo, ademáis desto, resulta que é un libro FERMOSO.
Ocurrente, divertido. lóxico, surrealista, máxico, coherente... Jacobo describe minuciosamente o mundo de dentro do mar e o de fóra do mar. Explica o nacemento da monarquía, as crecidas e estiaxes dos ríos... sen moito problema nunha obra coral onde todo, todo ten sentido.
Xa con A Pedra e as formigas, a editorial tivera unha deferencia especial e editouno nun papel de calidade. O mesmo ocurre agora, cousa que agradecemos porque o primeiro que encanta do libro é a forma, o gustiño que dá collelo entre as mans. Logo, as ilustracións: sempre limpas e suxerentes. E despois...¡o texto!
O dito: unha marabilla para disfrutar.
Sempre nos gustou o traballo deste autor que comezou cos Amigos de Archimboldo Roque e a quen vemos medrar en cada obra.

No hay comentarios: