10.1.10

TIC-TAC

Aínda non o temos. Así que...¡tranquilidade!
Pero estamos a puntiño de incorporalo para deleitarnos con el.
Trátase dunha desas obras deliciosas que, combinando música (Pablo Díaz) con poesía e ilustracións (Marc Taeger) lévanos da man...¡a cantar!
Parécenos que este é un eido a coidar especialmente: ¿que lles cantamos? ¿que lles ensinamos a cantar? Nenos e nenas gustan de cantar cando xogan, cando van no coche coa familia... e precisamos estes productos.
Cantados por Xabier Díaz, Guadi Gallego, Carmen Rey, Ruote... Xurxo Souto e Santiago Auserón colaboran respectivamente no prólogo e no epílogo.
Unha vez máis Kalandraka achéganos un producto de calidade e necesario.
PARABENS.
Información sobre a presentación en Ferrol, no blog do Segrel

2 comentarios:

  1. Un fermoso libro-disco que fai as delicias de toda a familia...

    Tic tac, tic tac o reloxio vai soar.
    Tic tac, tic tac témonos que levantar.

    Estaremos todos cansos,
    cos ollos apegañados,
    ao mellor alporizados,
    témonos que levantar.

    Tic tac, tic tac...

    Que ben o pasamos!!
    Bicos cantaríns.

    ResponderEliminar
  2. Esperamos saborealo axiña.

    ResponderEliminar