16.11.09

O meu pequeno animalario

Recibimos con moita alegría esta nova colección da Editorial Baía. Chámase: O meu pequeno animalario... e, de momento ten catro títulos:
  • Os animais da granza
  • Mares, ríos e lagos
  • A montaña e o bosque
  • As crías dos animais salvaxes

Son libros físcamente moi bonitos: cores, capa dura e acolchada... pero o máis interesante está dentro:

Información a doble páxina de cada animal: catro párrafos informativos en forma de resposta a unha pergunta redactados de xeito claro e sinxelo; unhas preguntiñas con resposta múltiple para lembrar o exposto, unha ficha de identidade e un pequeno glosario de termos.

Materiais así facilitan o noso traballo de difusión de técnicas ALFIN e introducen a nenos e nenas no estudo descriptivo das especies.

O dito: unha marabilla.

Só nos queda esperar que continúe a serie.

10.11.09

Entre pais e fillos... PICURRUCHOS

Non sei se deste libro me namoraron máis as ilustracións (Joao Vaz de Carbalho) ou o texto (Mar Pavón). Sei que me encantou.
Dun xeito sinxelo conta unha historia sinxela. E fala de como ós pais (a nai, neste caso) erran cando tentan pasar os seus propios medos, fobias, gustos... ós seus fillos.
Un tema moi serio, por outra banda. Pero tratado, neste caso, con dozura, levidade e HUMOR!!!