
Non é unha novidade na nosa biblioteca porque non o incorporamos ós nosos fondos, pero non podo deixar de reseñar este libro que sae ó mercado da man de
Planeta Agostini repartido en 3 volúmenes.
Pertence ó subxénero
Manhwa ou BD coreana. Moi diferente do
Manga ou BD xaponesa.
Trátase dunha fermosísima narración poética de complicidade e crecemento entre unha nai (
Namwon)e unha filla (
Itwa) nunha pequena aldea coreana.
Kim-Dong-Hwa cóntanos a peripecia vital da pequena Ihwa desde ben nova ata o momento da súa voda seguindo o ritmo no que se suceden as estacións do ano, abordando con delicadeza pero sen ñoñerías os cambios que se suceden no corpo dunha adolescente, a descuberta da sesualidade, as relacións nai-filla, as relacións coas amigas...
Envoltas nunha sociedade tradicional e moralista que as xuzga constantemente, a nai vai fornecendo á pequena Itwa de criterios para enfrentarse con éxito á ela, á vida...e a buscar a felicidade.
Unha historia de AMOR: filial, romántico, vital...
O debuxo sinxelo, esencial, limpo, axuda á historia facendoa aínda máis deliciosa. Se cabe.
Unha reseña máis completaEu, que non son unha amante da BD, non puiden resistirme a esta historia que me cautivou desde as primeiras páxinas.
NOTA: Tamén gustará ós que amen as flores porque ofrece´belísimas descripcións delas.