10.2.09

A Batalla de naipes

Escrito por Juan Ignacio Pérez Palomares, ilustrado por Josep Rodés, este libro editado por Kalandraka é unha fermosa parábola sobre a forza do AMOR.

Conta a historia dos reis Cachobruto II e Afiado I o Cruel, dos seus fillos O cabaleiro da Alta Plumaxe e Dona Sota da Espada.... e, de como o seu amor foi quen de acabar coas disputas paternas.
Contado con gracia e ritmo.
Anque non é unha novidade editorial, si o é para a nosa biblioteca porque acabamos de incorporalo.
¡Disfrutádeo!

5.2.09

A historia dunha cita


Ernesto bo día, é a historia dunha cita.

Cun texto delicioso de José Campanari e unhas ilustracións moi suxerentes de Vaz de Carvalho, João , o libro conta a historia dunha primeira cita de ernesto coa familia da súa noiva.

Para non perdelo!