9.5.08

Libros con valor



Unha nova colección que acabamos de mercar. Ten de singular que son libros pensados para traballar valores: o amor, a xenerosidade, o valor dos libros, a auga, a interculturalidade... tratados dun xeito agradable e nada relamido.

Para nós é unha teima topar con textos que teñan como tema fundamental valores positivos, e mesmo temos un andel adicado a eses libros.
Saúdamos, pois esta achega de 6 títulos da Editorial Nova Galicia Edicións
O zapateiro máxico
Kofu: o neno de chocolate
Os xemelgos
A billa de Xoán
O pequeno Yared
A moeda de ouro

5.5.08

Divulgacion cientifica para pequenos



A Factoría F no Caixón de ciencia, acaba de sorprendernos coa edición desta colección que nos facía tanta falta: a colección PEQUECHOS
Efectivamente non dispuñamos no mercado de moitos materiais para traballar a educación documental cos máis pequenos: libros de coñecementos adaptados a quenes aínda están a aprender a buscar a información nos libros.

Os libros, ademáis de estar ben editados, presentan a información de xeito claro e comprensibel acompañadas dunhas fotografías preciosas.

De momento hai seis títulos:
...das terras polares
...do deserto
...das praderías e das sabanas
...dos ríos e dos lagos
...da selva
...das montañas

Esperamos que a colección siga ampliándose. Esperamos tamén que os demáis editores comecen a tomar os libros de contidos (científicos e rigurosos) para pequenos coma unha prioridade.