7.3.08

Día da muller traballadora


Hoxe , os pequenos leron este libro. Como tamén trae un disco cun audiovisual: tamén o viron.


Aldara é unha nena que vive nunha aldea e conta un sucedido nun día de treboada, no que súa nai quedou coma unha heroína para toda a aldea. ¿Porqué? porque é a millor conductora de tractores de toda a volta.

Un bonito conto de María de Mata ilustrado por Mariana Riestra. Publicado pola Xunta de Galicia na colección Contos da igualdade.

Inclúe un DVD

Ideal para educar nos valores da igualdade... a quenes aínda non hai que reeducar.

5.3.08

Maruja Mallo


Para achegarse á figura desta excelente pintora. José Luís Ferris escribiu un libro moi, moi documentado, cheo de rigor e de admiración.

Non só nos achegamos a Maruja senón tamén á súa época: o Madrid dos anos vinte, o ambiente da Residencia de Estudiantes: Lorca, Dalí, Alberti..., a Guerra Civil, o exilio....

Un libro delicioso, no mais puro estilo biográfico.